Os Comerciantes e as súas Tendas
Comercios Emblemáticos da Ourivería Compostelá
Situados en edificios históricos xunto á catedral e en prazas e rúas emblemáticas como Praterías, Acibechería, Rúa Nova ou a Rúa do Vilar, estes comercios locais desempeñaron un papel esencial na comercialización e supervivencia da ourivería compostelá.
Algúns deles son antigos obradoiros ourives, outros, máis actuais, defenden con honra o produto e as xoias dos clásicos Mestres Ourives potenciando á súa vez os novos produtos de Autor en tendencia.
Con esforzo e mestría defenden a Auténtica Ourivería Ancestral de Santiago de Compostela con estoicismo nun sector asexado por produtos industriais, masificación e copias de baixa calidade O seu labor é mostrar e educar ao público para que sexa capaz de apreciar e diferenciar o produto auténtico de Compostela.
A marca Ourives de Compostela
Ourives de Compostela pretende ser unha marca distintiva que axude os comerciantes no seu labor de preservar este patrimonio inmaterial e os clientes a realizar compras seguras evitando a compra de produtos elaborados con materiais de baixa calidade ou falsificacións.
Las tiendas de Ourives de Compostela se encargan de mostrar a sus clientes la producción tan exquisita y a la vez variada de los orfebres de Compostela, a la vez que los instruyen para que puedan apreciar la platería local y las técnicas tradicionales, y distinguir el azabache, tan característico de las piezas de Compostela.
As tendas autorizadas de Ourives de Compostela son garantía para os clientes de que están a mercar un produto auténtico dos Mestres Ourives Composteláns, feito na cidade e coas técnicas e materiais que lle son propios.
Pide a marca Ourives de Compostela na túa tenda máis próxima.
Pasea polas rúas de Compostela e descubre o seu encanto
Nelas poderás ver, namorarte e mercar pezas de Ourives de Compostela.
Cada unha delas conta unha historia única e leva consigo a esencia da cidade.
Descúbreas no teu próximo paseo!
(Desliza cara a esquerda para ver todas as imaxes ou pica sobre elas para velas a tamaño completo)
Queres saber onde mercar?
(Desliza cara á esquerda para ver todas as tendas)