A marca Ourives de Compostela
A marca Ourives, a xoia de Compostela
Desde a Asociación, un dos nosos obxectivos máis ambicioso é impulsar unha Marca singular e recoñecible que sexa garante de calidade e que asegure ao público que os produtos e establecementos sinalados coa nosa marca cumprirán requisitos como:
-
Estar deseñados, creados ou elaborados por mestres ou obradoiros formados na tradición compostelá.
-
Utilizar materiais, métodos, técnicas ou motivos tradicionais ou inspirados neles.
-
Utilizar materias primas preciosas, semipreciosas e de alta calidade.
Ante a produción industrial, así́ como de imitacións de baixa calidade, fíxose necesaria unha marca que garanta ao consumidor a orixinalidade, calidade e procedencia dos produtos de calidade da ourivería compostelá.
Garantía de autenticidade
Ourives de Compostela pretende garantir que os establecementos e produtos baixo o seu selo cumpren os estándares de calidade, son orixinais e artesanais e están elaborados por obradoiros e artesáns seguindo a tradición ourive compostelá.
A marca traballa para converterse, cada día máis, en diferenciadora e garante de calidade das pezas que se vendan baixo o seu selo.
Pretende ser cada día máis recoñecida polo público xeral como unha marca distintiva e de calidade, única e de alto valor pola súa lonxeva tradición, prestixio e singularidade.