As xoias
Historia, tradición e cultura únense coa innovación, deseño e vangarda
Desde o máis tradicional ao máis vangardista. Os ourives composteláns souberon conservar a tradición sen perder por iso a frescura, a actualización e a modernización do oficio.
Baixo a denominación Ourives de Compostela poderás atopar pezas máis tradicionais, xunto a outras de deseño de autor con deseños e materiais vangardistas.
O resultado é unha produción tan diversa e xenuína como os talentos dos Mestres Ourives.
Todas as xoias Ourives de Compostela teñen algo en común:
O respecto polas técnicas tradicionais e un profundo coñecemento das mesmas, a calidade dos materiais e o amor polo traballo artesán.
OS “CLÁSICOS” OURIVES
Filigrana, prata, acibeche e detalles en ouro e coral.
Déixate envolver pola ourivería máis tradicional.
DESEÑOS DE AUTOR
Deseños que rompen as normas unindo tradición e innovación.
Deseños actuais e vangardistas. O equilibrio perfecto entre innovación e saber facer ourive.
Descúbreas todas!
Un mundo de posibilidades. Descubre todos os estilos que os Mestres Ourives desenvolven na actualidade e fai historia con xoias exclusivas de Compostela.
O encanto do noso
Os deseños máis tradicionais, símbolos da cultura galega e da cultura xacobea, pero máis de actualidade que nunca.
Dende sempre, para sempre.
Xoias coa esencia da ourivería clásica de Compostela, detalles impecables e materiais e acabados de alta calidade.
A beleza na pureza.
Deseños actuais, funcionais e belos. Feitos co rigor, calidade e acabado das técnica ourives tradicionais.
O poder da innovación.
Deseños de autor que desafían as formas, técnicas innovadoras que se fusionan coas tradicionais mantendo intacta a súa calidade.
A maxia do Camiño.
Os auténticos emblemas e amuletos orixinais do Camiño de Santiago: dende os máis tradicionais como os que encargaban antigamente os peregrinos para a protección e boa sorte (como cunchas e figas de acibeche) ata os máis actuais con novas técnicas e aplicacións en cores.
Aínda non coñeces as técnicas?
Pratería e acibechería xenuínas da cidade de Santiago de Compostela. Descubre as técnicas ourives patrimonio dunha cidade Patrimonio da Humanidade, que os Mestres transmitiron de xeración en xeración e que se manteñen intactas ata a actualidade.
(Desliza cara á esquerda para ver todas as técnicas)
Déixate inspirar e elixe a túa!
Todos os estilos que os Mestres Ourives deseñan e producen están dispoñibles nas tendas dos Comerciantes de Ourives de Compostela.
(Desliza cara a esquerda para ver todas as imaxes ou pica sobre elas para velas a tamaño completo)
¿Queres saber onde mercar?
(Desliza cara á esquerda para ver todas as tendas)