O concello de Santiago fai un chamamento para que os propietarios de pezas de prata e acibeche "singulares" as cedan para a nova exposición organizada por Ourives de Compostela.
EL CORREO GALLEGO
Tras o rastro das mellores pezas de plata e azibeche con sello galego.
Ourives de Compostela organiza unha gran exposición que permitirá mostrar obras de gran valor histórico que permanecen, dende fai anos e incluso séculos, en mans privadas.
O patrimonio privado completará os fondos procedentes da Igrexa e da USC para a mostra, que se celebra no colexio de Fonseca e na igrexa da USC en xuño, xullo e agosto.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu á xuntanza da "Comisión para o desenvolvemento do Plan Estratéxico Ourives de Compostela"; na que o concello de Santiago e a Deputación da Coruña amosaron o seu compromiso coa exposición sobre a pratería e a acibechería en Santiago, prevista para os meses de xuño, xullo e agosto de 2022.
A exposición ten dous obxectivos:
A reflexión científica sobre a arte da pratería e a acibechería compostelás desde un punto de vista historiográfico; e a súa posta en valor, xa que Santiago contou cun dos mellores centros na historia da pratería peninsular, e tamén foi centro de referencia do traballo do acibeche a nivel mundial.
Sánchez Bugallo calificou a mostra como “moi interesante”, mentras destaca que “vai a contribuir a difundir o valor dos orfebres de Compostela e animar á xuventude a dedicarse a esta profesión”.
NOTICIA NOS MEDIOS
13 OCT 2021 | EL CORREO GALLEGO
11 oct 2021 | LA VOZ DE GALICIA
07 oct 2021 | GALICIA PRESS
07/10/2021 | NOTICIAS. CONCELLO DE SANTIAGO
11 oct 2021 | LA VOZ DE GALICIA
07 oct 2021 | EL ESPAÑOL