A festa do comercio local está de volta en Compostela! Chega Prima 22
Trátase da terceira edición dunha festa que, nas pasadas edicións, mobilizou e dinamizou as compras con moi boas impresións por parte da cidadanía e comerciantes.
Pasarrúas, teatro, circo, música ou obradoiros son só algunhas das disciplinas que encherán de cores e ledicia as rúas da cidade que se completarán con obradoiros de artesanía de acibeche e ourivaría, impartidos polos mestres artesáns Ourives de Compostela, Soledad Mato, Ricardo Rivas, Adonis Suárez e Manuel Tojo.
A maiores, o Concello impulsa a marca do comercio de Santiago " Eu Merco Aquí", e faio ligado a estas festas para afianzar o seu compromiso co comercio local.
No marco da festa Prima22, o Concello distribuirá bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí que se entregarán gratis ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade. Para contar con este agasallo, debe dirixirse a calquera delas:
CCA Comercio Punto Compostela, CCA Santiago Centro, CCA Compostela Monumental, Asociación Em Rede, Ourives de Compostela, Asociación de Comerciantes de Área Central e Asociación de comerciantes do Barrio de San Pedro.
O Concello de Santiago, un ano máis otorgará a denominación de Mercado do acibeche a esta festa do "comercio local", en recoñecemento á importancia histórica do #acibeche en Santiago.
Non perdas de vista a festa e toma nota:
NOTICIA NOS MEDIOS
02 jun 2022 | El ESPANOL. QUINCEMIL
30 abril 2022 | LA VOZ DE GALICIA
31 Maio 2022 | EL CORREO GALLEGO