Os ourives de Santiago mostraron ao público a súa arte na festa anual Prima 20 e Prima 21.
Sandra Alonso
LA VOZ DE GALICIA
LA VOZ DE GALICIA
A festa do sector que xurdiu coa pandemia volverá no 2022, posiblemente con novo nome.
A iniciativa municipal xurdiu para animar o sector comercial ante o duro golpe económico que supuxo a pandemia. Nesta festa coa que o Concello de Santiago quixo contribuír a dinamizar a actividade comercial e recuperar as rúas para os cidadáns na volta á «nova normalidade», incluíu entre a súa ampla oferta de actividades un espazo para a promoción da ourivaría tradicional compostelá.
Nun escenario dotado cunha pantalla xigante, os prestixiosos ourives ensinaron e explicaron ao público os segredos do seu traballo, realizando todo o proceso artesanal de elaboración de pezas de prata e acibeche.
NOTICIA NOS MEDIOS
06 jun 2021 | LA VOZ DE GALICIA
22 jun 2020 | LA VOZ DE GALICIA
28/05/2021 | NOTICIAS. CONCELLO DE SANTIAGO