A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, visitaron os obradoiros de orfebrería, organizados por Ourives de Compostela, e nos que colabora o concello de Santiago, que en xullo de 2021 se desenvolveron na Praza de Cervantes.
Durante a xornada unha pantalla proxectou o traballo dos orfebres.
Os concelleiros puideron comprobar, da man da orfebre Soledad Mato, como se fabrican pendentes de cuarzos en bata, con pedras en movemento; e como se forxan sortixas en prata e acibeche, tal e como fai o mestre Adonis Suárez.
Pola tarde, Manuel Tojo impartiu un taller de figas de acibeche con casquillo de filigrana en prata; e Ricardo Rivas ensinou como se tallan cunchas de acibeche.
17/07/2021
Santiagodecompostela.gal
Santiagodecompostela.gal
Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría.
Na idade media chegaron a contabilizarse ata 130 obradoiros de prateiros e azabacheiros arredor da catedral.
Por en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos da asociación Ourives de Compostela, presidida por Arturo Ouro.
Unha das mostras de orfebrería expostas.
NOTICIA NOS MEDIOS
17/07/2021 | NOTICIAS. CONCELLO DE SANTIAGO