Os Mestres Ourives e os seus Obradoiros
Mestres Prateiros e Acibecheiros
Desde a súa fundación, a cidade de Compostela encontrou a súa verdadeira esencia na catedral xacobea, a cal non só impulsou o nacemento e desenvolvemento da urbe, senón que tamén irradiou a súa influencia artística en todas as direccións.
Os prateiros de San Eloi e os acibecheiros de San Sebastián foron os gremios privilexiados en Santiago. Ámbalas dúas disciplinas representan os oficios máis antigos e excepcionais da cidade, e a calidade e singularidade da súa arte son recoñecidas a nivel mundial.
NA ACTUALIDADE
Obradoiros de Ourives
Esta pegada segue viva nos obradoiros actuais. Algúns deles manteñen a tradición nos mesmos lugares que os antigos gremios fixeron famosos: a praza das Praterías e a rúa da Acibechería.
Alí conviven pezas antigas e tradicionais con deseños novidosos e novos materiais.
A súa destreza e creatividade convértenos en artistas que fusionan a tradición coa modernidade, creando pezas únicas que reflexan a súa mestría e visión da ourivería.
A expansión dun legado milenario
No século XXI, a ourivería compostelá atópase en plena efervescencia grazas á investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) que moitos obradoiros levaron a cabo nos últimos anos.
Novas técnicas, deseños vangardistas e producións de autor que pretenden levar a ourivería de Santiago de Compostela a un nivel sen precedentes na súa historia máis actual.
Novas tecnoloxías conviven co oficio tradicional para facer os obradoiros máis competitivos e favorecer a súa expansión nacional e internacional.
Os obradoiros precisan, máis que nunca, o recoñecemento e respaldo por parte das institucións e do gran público para impulsar e axudar a conservar este oficio ancestral e darlle a categoría que merece.
Navega polos seus obradoiros e descubre todo o seu saber facer e encanto
(Desliza hacia la izquierda para ver todas las imágenes o pincha sobre ellas para verlas a tamaño completo)