Skip to main content

Descubre por que somos

A XOIA

DE COMPOSTELA

A ASOCIACIÓN

A Ourivería Compostelá: unha historia que segue viva.

Os mestres ourives de Compostela, dignos herdeiros dos antigos gremios de prateiros e acibecheiros, custodiaron con celo as ancestrais tradicións e técnicas manuais ao longo dos séculos.

Hoxe, xunto cos comerciantes especializados de Santiago de Compostela, se manteñen como custodios dun antiquísimo patrimonio, cuxo valor, tanto artístico como histórico, é simplemente inigualable.

No ano 1983, nace a asociación Ourives de Compostela, coa firme vontade de preservar os oficios milenarios que lle son propios, e revitalizar un arte único con máis de dez séculos de prestixiosa historia.

A MARCA

Ourives, a Xoia de Compostela

Todas as xoias e pezas Ourives de Compostela son creadas en obradoiros de Ourivería autorizados, con materiais nobres de alta calidade e seguindo a tradición ourive compostelá.

Pezas únicas da cidade de Santiago de Compostela, que unifican historia, tradición e cultura con innovación, deseño e vangarda.

“Pide marca Ourives, A Xoia de Compostela!”

AUTÉNTICA OURIVERÍA ANCESTRAL DE SANTIAGO
A HISTORIA

Unha Herdanza Milenaria

Descubre a rica historia da pratería e acibechería de Santiago de Compostela, dende as súas raíces no século IX ata os nosos días.

Explora os gremios medievais de San Eloi e San Sebastián, mergúllate na importancia das artes suntuarias e das leis de calidade que as rexían.

Aprende sobre a transmisión de coñecementos a través dos gremios, as ferramentas e técnicas tradicionais utilizadas, e como a pratería e o acibeche que adquirían os peregrinos se converteron nos primeiros recordos da historia.

Mercando Ourives de Compostela, pasas a formar parte da Historia. Por mil anos máis de Historia!

AS XOIAS

Descubre as Xoias de Ourives, patrimonio nas túas mans

Pezas tradicionais xunto a creacións de autor que fusionan as técnicas ourives clásicas con enfoques vangardistas.

Novos deseños, técnicas e materiais van sumándose ás tradicionais, enriquecendo o gran legado gremial e creando pezas contemporáneas que salientan pola súa singularidade e beleza.

Comprando Ourives de Compostela axudas a preservar o patrimonio artístico e cultural da cidade.

A XOIA DE COMPOSTELA

Pide a auténtica

OURIVES E OBRADOIROS

Custodios e transmisores dunha arte ancestral

Durante máis dun milenio, a cidade de Santiago de Compostela gorece prateiros e acibecheiros arredor da Catedral.

Figas, cunchas, cruces, candeleiros, cálices, patenas… desde o profano e práctico ata o sacro e sacramental, estes artesáns deixaron unha pegada perenne na historia da cidade, de todo o país, Europa e en todo o orbe.

Queres coñecer máis sobre a súa influencia na cultura e tradición compostelá?

Os ourives e obradoiros actuais manteñen viva a tradición nos mesmos lugares aos que os antigos gremios deron nome: a praza das Praterías e a rúa da Acibechería. Neles, conviven exemplares de marcado carácter tradicional con deseños de autor que incorporan ao saber facer ourive, novas técnicas e materiais innovadores.

Descubre os actuais mestres e os seus obradoiros .

AS TENDAS

Os comerciantes, a outra Xoia de Ourives

Establecementos únicos que son parte intrínseca da historia da cidade e que constitúen unha visita obrigada cando se acude a Compostela. Comercios onde se pon en valor a autenticidade e a calidade dos produtos.

Algunhas tradicionais e con encanto, outras máis modernas e vangardistas. Especializadas ou xenéricas, de ourivería sacra ou profana; tan diferentes entre sí como os propios ourives.

Ao pasear por Santiago, descubrirás tendas especializadas na ourivería en prazas e rúas emblemáticas como Praterías, Acibechería, Nova ou Vilar.

Coñece a riqueza da ourivería local no teu próximo paseo!

OURIVES DE COMPOSTELA 

OURIVES DE COMPOSTELA 

OURIVES DE COMPOSTELA 

OURIVES DE COMPOSTELA 

OURIVES DE COMPOSTELA 

¡Consigue o libro!

O Esplendor do Camiño

Un percorrido por oito séculos de pratería e acibeche en Compostela.
(Edición limitada)

PVP: 20€

Síguenos nas redes!

Infórmate de todo o que pasa en Ourives de Compostela!

Co financiamento do: