Ourivería relixiosa e civil
RELIGIOSA
Ourivería de culto
Desde os seus inicios, prateiros e acibecheiros executaron encargos destinados ao culto relixioso, creando pezas únicas elaboradas con metais nobres e pedras preciosas.
Na actualidade, seguen levando a cabo este tipo de encargos, ademais de realizar traballos especializados na restauración de pezas antigas.
(Desliza cara á esquerda para ver todas as imaxes ou pica sobre elas vara velas a tamaño completo)
Afeites, iluminación, adobíos
Candelabros, santos, rosarios, adobíos, crucifixos, fornelas, bandexas, relicarios…
Repartidos por igrexas, fogares e capelas de todo o mundo, salientan pola súa importancia simbólica en Compostela a urna que custodia os restos do Apóstolo, a esclavina que loce a súa Virxe no altar maior da Catedral ou o monumental incensario denominado “Botafumeiro”, o máis grande do mundo.
CIVIL
Arte Funcional<br>
Se cadra as pezas de xoiería e ourivería relixiosa son emblemáticas, a ourivería de Compostela non se limita a elas. Vasos, marcos decorativos, pezas de tocador, espellos, frascos, xogos de cubertos, xerras e outros utensilios domésticos representan unha fracción do legado artístico que perdurou ao longo dos séculos.
(Desliza cara á esquerda para ver todas as imaxes ou pica sobre elas vara velas a tamaño completo)
Xunto a elas, os ourives tamén realizan hórreos, réplicas de edificacións históricas, carros e trofeos, así como placas conmemorativas que eternizan momentos especiais.
Estas creacións continúan a tradición da ourivería compostelá, combinando funcionalidade e beleza dun xeito único e sorprendente.