Asistido polo seu compañeiro, David Brea, salvou a vida a un home que se estaba autolesionando.
A valentía do vixiante de seguridade Pablo Nieto foi este venres recoñecida no Pazo de Fonseca de Santiago, despois de que o pasado luns este traballador salvase a vida a un home que se estaba autolesionando cunhas tesoiras. A súa rápida reacción evitou que todo acabase en traxedia.
Todo ocorreu o pasado luns, sobre as 8:00 horas, momento no que os vixiantes de seguridade da Universidade chegan ao pazo de Fonseca. Con todo, Nieto acudira antes, pois estaba contratado pola dirección da exposición que alberga o palacio, dedicada aos gremios da prata e o acibeche na cidade de Santiago.
Diario de Ferrol | Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022
Arturo Ouro, expresó su reconocimiento por la “valentía”, la “fuerza y las agallas” de Nieto al enfrentarse a “una situación muy compleja” para la que “no todos estamos preparados”, señaló.
Entrevista en Onda Cero Compostela. Programa más de uno con Ramón Castro
“Conforme me fun achegando a el vinlle que estaba ensanguentado e que se estaba autolesionando cunhas tesoiras á altura do pescozo”, conta Nieto, que tras ver o que ocorría gritou para que se detivese, sen éxito. “Non reaccionou en ningún momento. Tiven a gran sorte de que afastou un pouco a man dereita do pescozo, onde tiña as tesoiras, e deille coa defensa na boneca e caéronselle ao chan”, explica o vixiante de seguridade.
NOTICIA NOS MEDIOS
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022
3 de setiembro de 2022| El Correo Gallego
1 de setembro de 2022 | La Voz de Galicia