Como cada 1 de decembro, a festa de San Eloi, o gremio de prateiros e acibeches, agrupados durante décadas na asociación " Ourives de Compostela" honrou ao seu patrón.
LA VOZ DE GALICIA
Nas últimas semanas se recuperaron algunhas das pezas máis emblemáticas da Universidade.
Nesta ocasión, debido á pandemia que nos azouta, o grupo conmemorou a festa facendo público o último traballo para recuperar o patrimonio de prata da Universidade de Santiago, dentro do convenio de colaboración entre as dúas institucións.
Ouro, agradecendo especialmente o apoio do Reitor, Antonio López, así como da Vicerreitora Mar Lorenzo e da Área de Cultura da USC, sinalou que as pezas obxecto das últimas intervencións son moi queridas pola comunidade universitaria. En concreto, se trata da “Vara do Mestre de Cerimonias” unha peza encargada en 1.833, para facer a cal tiveron que fundirse varias pezas previas, que supera o 1,90 metros de altura e se conserva en dependencias do Colexio de San Xerome.
“para nós é unha fonda satisfacción contribuir a devolver o máximo esplendor ao patrimonio prateiro da nosa Universidade, porque se trata da institución da que máis orgullosos nos debemos sentir os santiagueses. Colaborar coa USC é participar da esencia mesma da nosa cidade, e as súas pezas son moi representativas da mellor arte prateira compostelá”.
Presidente dos Ourives, Arturo Ouro.
Tamén se actuou sobre unha bandexa con relieves e sobre unha das xoias da USC, a bandexa para votacións, conservadas as dúas na Sala de Xuntas da Reitoría. Esta última, do século XVIII, está elaborada en prata e ouro, material utilizado sobre o escudo da propia Universidade. Constitúe una moi destacada mostra de estilo barroco/rococó, e antiguamente era a utilizada para a celebración das votacións do Claustro. Finalmente, se procedeu tamén ao desmontado e adecentamento dun significativo ostensorio.
Nos traballos participou algún dos destacados mestres ourives que continúan, desde fai máis de once séculos, desenvolvendo o seu oficio en Compostela. Nas distintas intervencións sobre as pezas da USC se vai sucedendo a participación de distintos artesáns, para que deste xeito todos vaian sendo partícipes da iniciativa.
Debemos devolver el esplendor a este oficio para honrar a nuestro patrón”
Presidente dos Ourives, Arturo Ouro. El Correo Gallego
Cando a situación sanitaria o permita, a asociación recuperará a celebración dos actos tradicionais, tales como oficio relixioso e comida de confraternidade, se ben nesta ocasión se decidiu optar pola prudencia. Sen embargo, “a mellor forma de honrar ao noso patrón e devolvendo o seu esplendor a noso oficio”, dentro de cuxa finalidade ten unha especial significado a gran exposición de pratería e acibechería compostelana a celebrar no verán de 2.022, precisamente en instalación da Universidade de Santiago, Pazo de Fonseca e Igrexa da Universidade.