Skip to main content

Os Mestres Ourives e os seus Obradoiros

NA ANTIGÜIDADE

Mestres Prateiros e Acibecheiros

Desde a súa fundación, a cidade de Compostela encontrou a súa verdadeira esencia na catedral xacobea, a cal non só impulsou o nacemento e desenvolvemento da urbe, senón que tamén irradiou a súa influencia artística en todas as direccións.

Os prateiros de San Eloi e os acibecheiros de San Sebastián foron os gremios privilexiados en Santiago. Ámbalas dúas disciplinas representan os oficios máis antigos e excepcionais da cidade, e a calidade e singularidade da súa arte son recoñecidas a nivel mundial.

Podemos seguir a pegada dos mestres composteláns desde a Idade Media ata os nosos días a través das salientables obras que se conservan en museos, catedrais, igrexas e mosteiros dos cinco continentes.
NA ACTUALIDADE

Obradoiros de Ourives

Esta pegada segue viva nos obradoiros actuais. Algúns deles manteñen a tradición nos mesmos lugares que os antigos gremios fixeron famosos: a praza das Praterías e a rúa da Acibechería.

Alí conviven pezas antigas e tradicionais con deseños novidosos e novos materiais.

A súa destreza e creatividade convértenos en artistas que fusionan a tradición coa modernidade, creando pezas únicas que reflexan a súa mestría e visión da ourivería.

A expansión dun legado milenario

No século XXI, a ourivería compostelá atópase en plena efervescencia grazas á investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) que moitos obradoiros levaron a cabo nos últimos anos.

Novas técnicas, deseños vangardistas e producións de autor que pretenden levar a ourivería de Santiago de Compostela a un nivel sen precedentes na súa historia máis actual.

Os obradoiros precisan, máis que nunca, o recoñecemento e respaldo por parte das institucións e do gran público para impulsar e axudar a conservar este oficio ancestral e darlle a categoría que merece.

Navega polos seus obradoiros e descubre todo o seu saber facer e encanto

(Desliza hacia la izquierda para ver todas las imágenes o pincha sobre ellas para verlas a tamaño completo)

Con ganas de saber máis?

Directorio de obradoiros de Ourives de Compostela