Skip to main content

O representante da Xunta de Galicia explicou que as preto de 100 pezas que compoñen a mostra do Pazo de Fonseca contribúen a analizar a influencia do Xacobeo e das tendencias que chegaban polo Camiño de Santiago.

Xunta, Noticias |Santiago de Compostela, 19 de julio de 2022

Noticia Completa

Valentín García refírese á ourivaría como un dos capítulos fundamentais da expresión artística e relixiosa de Galicia.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición O esplendor do camiño. Oito séculos de pratería e acibeches en Compostela, de Ourives de Compostela, onde se referiu a estas técnicas como un dos capítulos fundamentais da expresión artística e relixiosa de Galicia e agradeceu o labor feito polos organizadores para trazar “unha ampla cronoloxía dos traballos con prata e acibeche que se deron en Galicia”.

Na exposición ‘O esplendor do Camiño, oito séculos de pratería e azabachería en Compostela’, tamén figura o Deportivo.

Xoves, 21 Xullo 2022, DTX Campeón

Noticia Completa

‘O esplendor do Camiño’ inclúe un dos trofeos Teresa Herrera

O secretario, non conselleiro, do Consello de Administración do Deportivo, Miguel Juane, acudiu á inauguración da mostra en calidade de representante do centenario club herculino.
O Deportivo e a cidade da Coruña están representadas na exposición grazas á cesión, por parte do conxunto deportivista, dun dos Trofeos Teresa Herrera conquistados polo equipo e tallados pola extinta Xoiería Malde da Coruña. A súa presenza nesta exposición, xunto a xoias de prata vinculadas ao Camiño de Santiago e ao traballo realizado na cidade de Praterías ao longo da historia, demostra o valor cultural que ten o trofeo, ademais do valor simbólico de ser o trofeo amigable en xogo máis antigo do fútbol mundial.
NOTICIA NOS MEDIOS
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022
Ver noticia
Xoves, 21 de xullo de 2022| DTX Campeón
Ver noticia
19 de xullo de 2022 | USC Xornal Axenda
Ver noticia