O legado secular de Santiago de Compostela
No século IX, Santiago de Compostela converteuse nun importante centro relixioso tralo achado das reliquias do apóstolo Santiago.
Os prateiros e acibecheiros desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento da cidade, creando pezas para a Catedral e para os peregrinos.
Descubre a fascinante Historia de dúas artes fundamentais na ourivería de Galicia.
Os gremios de San Eloi e San Sebastián
Unha ollada á evolución dos oficios de prateiro e acibecheiro na historia da cidade
Dende o seu nacemento, cos primitivos gremios do medievo, o seu crecemento e importancia na idade Moderna e posterior ralentización. Máis de mil anos de tradición e saber facer que aínda seguen vivos.
Coñece os oficios que modelaron o corazón da cidade.
Pratería e acibechería: artes suntuarias
Metais preciosos e leis de calidade que definiron unha tradición milenaria
Historicamente, a ourivería era considerada unha arte que chegaba a superar o valor das obras de arte.
A autenticidade da prata e o ouro se garantía a través de marcas e controis de calidade específicos. O acibeche, por non ser un material precioso, non precisaba de tantos controis, aínda que si debía ser auténtico e de calidade.
Descubre a riqueza e o legado da pratería e acibechería en Compostela, dous elementos que seguen abraiando na vida cotiá.
A aprendizaxe no obradoiro: o camiño ata a mestría
O oficio e a formación a través das sagas de ourives en Compostela
O sistema gremial moldeou artesáns nos oficios da pratería e o acibeche. Os obradoiros eran lugares de aprendizaxe, con mestres, oficiais e aprendices.
Mención aparte merecen as sagas familiares, que foron marcando a historia do gremio. Algunha dela vai pola sétima xeración.
Os aprendices pagaban pola súa formación e, unha vez completada, presentaban un exame para unirse ao gremio e abrir as súas tendas
Coñece a historia daquelas sagas, algunha das cales chega ata os nosos días.
Ferramentas e técnicas ancestrais
Explorando os segredos das antigas artes
No obradoiro do prateiro e o acibecheiro, a maxia da creación entretécese coa tradición. Ferramentas ancestrais como zafras, ciceles e martelos dan forma a metais preciosos, mentres a arte da filigrana e o cicelado tecen historias en cada peza.
Desde os bancos de madeira ata o delicado calado do acibeche. Desde relicarios relixiosos ata bandexas ornamentais. Cada detalle e cada peza importan.
Explora as técnicas que resistiron a proba do tempo e deron lugar a tesouros de valor inestimable.
Os primeiros “souvenirs” da historia.
Prata e acibeche como lembranza da peregrinación a Santiago
Sabes que elixir pratería e acibeche como recordo da peregrinación é seguir unha tradición centenaria? Na Idade Media, os primeiros peregrinos a Santiago de Compostela levaban consigo de regreso cunchas de vieira, símbolo da súa viaxe espiritual.
Ao longo do tempo, estas cunchas evolucionaron en obras mestras de prata e acibeche, convertéronse en tesouros e símbolos de peregrinación.
Descubre como a historia se entretece co presente nesta fascinante tradición.